Os fósiles de Ammonites, como Olimpia, como os baños de Caracala, como unha ouriceira, son as nosas brúxulas. Explican con precisión quirúrxica e pictórica que facemos neste planeta, e que é o importante. Sempre vivirei con esta foto presente.
Hoxe escribo na Ouriceira. É o mínimo que podo facer.
A ilusión coa que fun con dous amigos a un meeting do Beiras cando tiña uns 16 anos, o feliz que saín de alí é o primeiro que quero recordar. O seu sentido do humor, quizais non un dos rasgos que a xente destaca del, cautivoume, entre moitas outras características da súa personalidade.
Ao final todo se trata de darlle á vida un ritmo adecuado, nin moi lento nin moi rápido. Jazz sobre herba. Hockey sobre pedras, como di o Quimi Portet.